Charla/Coloquio “Cómo influye el abandono en el cerebro de los bebés que acaban de nacer: la mielina”

Manaia – «Asociación gallega de Ayuda a la adopción», organiza la siguiente charla/coloquio:

“Cómo influye el abandono en el cerebro de los bebés que acaban de nacer: la mielina”

A cargo de ROSA Mª FERNÁNDEZ GARCÍA, Doctora en Biología y Profesora Titular de la Universidad de la Coruña en el Departamento de Psicología (Área Psicobiología), y madre adoptiva de tres niños de origen congoleño. Autora del blog: “Intimidades de la post-adopción”

Fecha: 15 de Diciembre de 2012

Lugar: Sala Valdecorvos, no 2º andar da CASA AZUL de Pontevedra, (rúa de Sor Lucía, 2 – 36002 Pontevedra).

Hora: 11:00 horas

Entrada gratuíta

No pasado mes de setembro publicouse na revista Science o experimento definitivo que demostra os efectos do abandono no sistema nervioso dos bebés que veñen de nacer.

O experimento é aparentemente sinxelo, pero ao mesmo tempo, definitivo. O illamento social, o abandono, provocan danos neuronais no cerebro do neno que marcarán a súa aprendizaxe futura, na etapa adulta, debido á perda de mielina. Na conferencia trátase de explicar o experimento realizado polo equipo de Gabriel Corfas, e algunhas nocións básicas que nos permitan entender os resultados da investigación.

Resumindo poderiamos dicir que é urxente e necesario aumentar a especialización dos profesionais (psiquiatras, psicólogos, pediatras, profesores e mestres) que atenden as nenas e nenos adoptados, de modo que coñezan os efectos da deprivación temperá no cerebro dos bebés que veñen de nacer.

Durante o acto haberá servizo de ludoteca, para os menores de tres anos enviar un correo a manaia@manaia.es confirmando asistencia, co fin de contar con persoal adecuado.

O programa do día será o seguinte

11:00.- Charla/Coloquio “Cómo inflúe o abandono no cerebro dos bebés que acaban de nacer: a mielina”

13:30.- Presentación do despacho de MANAIA na CASA AZUL.

SÓ PARA SOCIOS/AS

14:30.- Coma vén sendo habitual, faremos un xantar/picnic na propia CASAZUL, onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar.

16:30.- Gran Festa Infantil de FIN DE ANO. Cotillón, baile e festa rachada…

19:30.- Fin de festa.

Coma sempre tódolos socios poderán convidar a quen queira coñecernos…

ATENCIÓN: Ese mesmo día faremos unha RECOLLIDA DE XOGUETES, LIBROS E XOGOS, algúns quedaran no despacho de MANAIA e outros os doaremos á CASAZUL.

Más información en la web de Manaia: http://manaia.interaccion-info.com/

Si este artículo te parece interesante, compártelo.
Facebook Twitter Plusone Linkedin Pinterest

Deja una respuesta